Wednesday, July 1, 2009

Original Site

You can view all my original posts by visiting this link.

http://sites.google.com/site/selaguia

Saturday, June 6, 2009

O malpicán Cambón, Fundador de San Francisco de California

Un rapaz delgado, introvertido, de mirada desperta e azul..., nace en Seaia (Malpica de Bergantiños), a primeiros de abril do ano 1738.
Pedro Cambón, fillo de Fernando Cambón e Dª María Elena Romero de Leis, será co tempo o fundador de tres das 21 misións fundadas na Nova California no século XVIII: San Grabriel (Los Angeles) en 1771, Dolores (San Francisco) en 1776 e San Buenaventura (Ventura) en 1782. Hoxe, grandes cidades dos Estados Unidos de Norteamérica.

Este "sitio web", ten a Pedro Cambón coma ó seu valor máximo, polo seu exemplo de Constancia, Honestidade e Eficacia en tódalas labores que se lle encomendaron. "SELAGUIA", é un término celta latinizado que derivou en "SEAIA", POR ESO O NOME DA PÁXINA É TAMÉN UNHA HOMENAXE A CAMBÓN E Á TERRA QUE O VIU NACER.

É un personaxe histórico importante para os californianos, que serán ben recibidos nesta costa do solpor, como tamén o é a costa de California.
Poden vir a disfrutar dos nosos camiños costeiros, como Pedro Cambón disfrutaba dos paseos polas praias próximas á misión San Francisco cando sentía morriña da súa terra e da familia.

Para saber un pouquiño deste "selaguense", podes "PINCHAR" no arquivo adxunto: Traducción anotada dun artigo do arquitecto Frank J. Portman.


C.H.E.
adrianmalpica@gmail.com

Welcome to my blog!

A friend of mine in the United States created this blog.
It was designed by Zen4Dummies.com

Please bookmark the blog and enjoy the writings about Pedro Cambon!